23/03/11

ORGANIZACIÓN DO CONCERTO "SANFONICES"

2010 febreiro
Cliente: AGADIC

Organización e loxística no concerto "Sanfonices" celebrado no Auditorio Municipal de Ourense e enmarcado no programa homenaxe á figura de Faustino Santalices.
A pesar das importantes mudanzas experimentadas nos últimos 50 anos, cun crecente número de luthiers e intérpretes, a zanfona dista de ocupar un espazo central na música galega.
Sanfonices reuniu aos zanfoneiros/as galegos/as nunha homenaxe a Faustino Santalices, recuperador deste instrumento. Sanfonices abre un espazo común de creatividade e interpretación no que dez zanfonistas consolidados/as apadriñarán a dez zanfonistas emerxentes nun espectáculo que será gravado e publicado nun cd colectivo.