Decembro 2010
Cliente: EDENIA S.L.
Campaña co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a necesidade de eliminar o contido sexista e violento de xogos e xoguetes, contribuindo así ao desenvolvemento de actitudes e comportamentos de cooperación, respecto das diferenzas e relacións de igualdade entre nenas e nenos. Orientada á poboación en xeral e en particular á comunidade educativa, tenta concienciar sobre a necesidade de iniciar a nenas e nenos en valores igualitarios e cooperativos, a través do xogo, como principal instrumento de aprendizaxe e socialización.
A campaña consiste na edición de distintos materiais. Por unha parte estaría un calendario con 12 consellos puntuais para ter en conta a promoción da igualdade e dos valores non violentos á hora de mercar xogos e xoguetes. Por outra, a edición dun folleto informativo cun “dodecálogo” de consellos –máis ampliado- para a adquisición de xoguetes cos mesmos parámetros indicados anteriormente. Tamén se fixo entrega a cada centro de ensino da cidade de Ourense dunha maleta de xoguetes tradicionais, co que se pretende promover a pescuda dos xogos de tradición cultural.